Lerias de sereas de auga doce

-Teño que contarche
-E logo?
-Afogou unha rapaza no río
-Miña nai, quen foi?
-Unha neta da Concha
-Dos que están en Bilbao?
-Paréceme
-Entón, que imos facer?
-Sacudi-los croios por si quedou amarrada
-Ti cres?
-Por si acaso

E as troitas comezaron a varre-los fondos.

-En que andades?
-Non soubeches?
-O da nena? Si...
-Pois, entón?
-A min non me molesta
-As leis son as leis
-Pero agora é distinto
-Que dis?
-Que antes os mortos molestaban aos vivos...
-Eih?
-Aínda non vos enterastes? Vai tempo que os vivos mudaron e, nestes tempos, os mortos acompañan

Faloulle-la miñoca.

Boas tardes, Basauri