Suicida

Non hai misterios na lama enchida de vermes, nin nas tripas do animal podre, nin nos cornos da godalla... Nada que preguntarse na noite que hoxe me trae novos silencios quentes. Hai pola contra, algo de fantástico na humanidade nosa, unhas ás de bolboretas ananas que non dan levantado as súas veas do chan que anciña o camiño. 

Nin hai iso, nin texto que encher na contra das fiestras que supura nindioses de valores proídos. Non hai escritas que falen tan claro como un espido diante do trono do apóstolo que chegou en pedra e non ardeu no lume do licor café.

Nada na fronte nin no lombo, e un pouco dun daquel d´acolá que se desvía do eixe dos aconteceres, para manterme esperta nestas horas. Mais e a pesares, ando aquí, a rabuña-la lingua afectada como está de si mesma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena