Miañar

Se quixer espertar dentro dun ovo envolvida en ferruxe, ao expulsar algo de min tropezaría coas paredes e cabería a posibilidade, non quero pensar nisto, de que regresara e se me metera polos buracos. Se pola contra, a idea for agocharme nunha sandía cheíña de goma de mascar, afogaría na pegañenta substancia coma dentro dun chupa-chús para non teren por onde alentar. 

Mais na miña fonda intención, o meu espírito de cadela quer durmir no niño da serpe para depelicar a estrutura dos significados propios e chuspilos nos alleos. 

Boas noites, meus mortos