Cé Uve

Atrasei a hora en que chegaran os nenos para que André e el faláramos con calma, e ao final o único que poidemos tratar foi sobre as diferenzas entre nolos dous. O feito de que eu esa mañá esquecese recoller a Dalia respondeu a variables externas de pouco peso e por iso, saquei o meu produto interior e abrutei nunha discusión que acabou entre sabas, pero non foi basicamente por min.

O pai deles e amante meu a tempo cada vez máis parcial, sobre todo dende que separados xa, atopámonos unha noite detrás do mesmo licor, que para concretar era da casa do Afilador, tiña aquel día unha entrevista e por iso acordamos que hoxe me tocaba a min.

Aquel home pequecho de ollos azuis, quedara en pasarse pola empresa do Fonso as oito da mañá, e alí andaba dende menos cuarto, dándolle tempo a un café e a ler na Región que o de Benestar retirara a subvención do bonobús para os que, segundo el, tiñan boas pensións.

-Eu haber si chego a cobrala, replicou dirixíndose ao camareiro para pagarlle

Sen facerlle caso, deixouno marchar. Entrou en Guimansa as oito e un minuto, dentro unha auxiliar lle dixo que se sentara e alí estivo, até as nove, as dez... Sobre e vinte, entrou pola porta o Lois, disparándolle unha ollada de desacordo á de recepción que borboriñou algo así como: está a esperar por vostede, xa leva un cacho.

-Home, André! Sinto terte feito esperar
-Non importa, musitou
-Ven, entra

No despacho pouca revolución... un refresco, o ordenador de costas á fiestra e algún papel. Mentres se colocaba, convidouno a sentar.

-Bo
-Si
-E que tal a Adela?
-Coma sempre
-Seguro, guapísima, e os nenos igual
-Bo
-Si
-Eu
-Xa sei, polo que falamos
-Si, por iso
-E que agora mesmo, non podemos
-Vaia
-Xa sei o que che dixen, e non o esquezo... Imos facer unha cousa, déixame o móbil e te chamo eu
-Xa o tes...

Puido se-lo mellor polvo da súa vida, arrabiado como chegou onde a súa exmuller, pero nin iso.