Téñome, grafíome


Sempre hai algo íntimo e persoal, de catarse (sentimento que non pode ser exclusivo da poética) ... e por iso, afánome en historias que aparecen non a resultas do medrar miúdo dunha bóla de neve, senón do minguar dunha cebola que vas espindo. 

Elas forman parte da vida mental (que non descansa nunca), que mestura todo o que hai e sucede en min e na contorna, e sobre todo, leva esa pesadume do sentir meu de fraxilidade que vai impreso na muller inxenua e que non se perde, doendo máis se cabe, na libertaria.

Case que boas noites, Compostela