Come-bolsas

Naquel mercadiño, sobre corredoiras de chapapote, entre saias de guepardo e pantalóns mariñeiros, percorríanse ministerios coa intención de intencionarnos. E a dous días da reflexión volvíanse cara nós as provocacións sindicais, a amiga dos massmedia en traxe de combate e os a-dedo, e... Despois chegaron as indemnizacións aos agraviados e tamén, aos que non.

Naquel tanatorio sen mortos, estabamos case todos, convidados e non... Habíaos de liño e de gravata, estaban os profesionais do profesional e os que queiras ou non, eu quedo.., e xestores mudos e cámaras, o burguer, a cruz... e estaban os que sobraban e os que faltaban... E logo viñeron as medallas duns, inversamente proporcionais as miserias doutros.

E aquí, na cama onde María adormece a súa diagnose, na pensión chinesa do André, no perfil pobre do que sacou a universidade ou menos, no soliloquio técnico do que aínda conserva unha nómina ou no decurso do acudir ao fala-barato, que nestes días anda a cobrar horas extras, hai un senso traxicómico no facerlles a cama a todos e todas as come-bolsas, aos que xa estaban e os que están por vir.

Pisemos merda, entón