Hoxe, presenta-lo teu estado sexual drummondando sen forza-las identidades e escolle-las emocións na sombra do teu corpo, conferir que existen disposicións poéticas abafadoras, que sadomasoquizan a derme, e liberan un non sei que de dores de estómago. E logo eu aquí, condicionando o permisible, a impostura do que se pode amar, onde e cando. E na lírica, como en calquera outro lugar, haichos que empinan o seu amieiro a favor das humidades. E eu mentres, varro as intensidades... cos movementos do meu cu.

Teño por costume pensar en alto cando aínda non comecei a camiñar, e ás veces esquezo que na inversa, na da muller non hai agasallos, hai portas abertas, as máis delas prostituibles ou pechadas con cementos que chospen espermas envelenados en mel.