Se eu quixer

Fuxir no momento xusto antes da labazada...
despois de que che biquen o corazón da entreperna.
Facelo para non perderse en etimoloxías acedas,
que por non escoitarse, péchanse nos ollos e póñense de costas á alma.

Teño por costume abrigarme antes de que chegue o inverno,
pero para cando as mimosas amarelan, xa non me queda la.