Esfoladura

A nena choraba e o neno suspiraba. A mociña sentíase unha e o mociño non se achegaba. Caros saen os marchamos dos mundos que construímos ó redor e logo, os entretecidos sentimentos pérdense nos buratos do nada. Mestúranse co que puido ocorrer e devólvenlle á muller unha cesta da costura chea de retallos que sobraron das saias e pantalóns que nunca bordou. E onte a vella saíu de paseo e topou un oco no seu saco de morto. E o oco púxoselle a falar tal que así:

-Darling, débesme unha vida
-E logo?, preguntoulle ela
-Débesma e con intereses

E a vella volveu romper a chorar. E o oco respondeulle:

-Ti segue, que os intereses van subindo