Cangrexa

Teño unha empresa na situación entre nós. Seica as compatibilidades teñen un xénero de liberdades alleas que non compartimos, e sen embargo, non custan nada os bicos, a pesares de nostalxia e das ironías do infortunio de non ser o que ti queres que sexa, porque ás veces treman as razóns dos que espertan ó sexo despois de vomitar verbas diante do atún cru. 

Nin teño gañas de correr nin de esperar e sen embargo non sinto, o que outras veces, os traspasos de emocións do embude arriba, si, sen embargo lumieiras nas estruturas do que algún día foron valados e agora son o que son, un deixarse levar so por sorrir de vez e saltar sen mirar cara abaixo nin de lado.

Tres tipos foron un, no meu universo e, unha muller pode ser mil, a de detrás da alfombra, a que che arrinca as enxivas, a que esvara no contrapunto de entender igual un soño que un pesadelo, de respectar un berro e de incendiarse no silencio.

Pero todo isto que lle importa a Lucía mentres lle conta a Raquel algunhas mentiras sobre a súa inxenuidade e a quentura dos beizos:

-Hasme levar
-Onde?
-Onde, non, como?

E sen atender a ninguén fundiuse na lama do mar, mesturouse co viño mencía monterrei e retirouse a durmi-la mona nos xenitais da compañeira.

-De que falas?
-O que che digo

E foi... nunha caixiña borgoña, envolvida nun anel dourado, alá foi e casou para sempre.