Levo no cesto un novo cadaleito. Sorrí que teño unha sorte de crisantemos para enviarchos á dirección... E en canto a min, esta é unha maneira como calquera outra de mata-lo tempo, aínda que teño frío nas dedas e a gorxa de vidro, a nada de escachar. 

Na cinta escribiron a man: da túa amiga. Estiven a punto de encargar outras letras pero non collían no papel e ó fin, ti sabes, é unha parvada molestar ós vivos coas cousas dos mortos.