Lazadas

Hai días algodón e outros ourizo, sen embargo esa tarde no salón de peiteado ía enchido de azucre moreno traído nas saias da transexual que ría a berros, mentres pasaba as follas da revista.

-Queimeite?
-Un pouquiño
-E así?
-Mellor
-Vas querer corta-las puntas?

Dille que si coa cabeza, mirándose no espello.

-Vaites...
-Que?
-O xuíz, musita

A peiteadora sorprendida xírase e recoñece a Pablo entrando na cafetería do Rosal, entón vólvese e mira a Xiana estrañada:

-Corenta e catro
-Si?
-Hoxe é o meu aniversario
-Parabéns, non aparentas

Xiana volveu bate-los risos contra as paredes do local, sen embargo non contaxiou a ninguén, nin as clientas nin a Laura, que aínda miraba de esguello á mesa da terraza onde Pablo andaba a soprar nun café.

-E hoxe vai haber festa
-Que?
-Que é dos que lle gustan as cadelas
-Vai de putas?

O estrondo da gargallada que botou foi tal que Laura temeu que a ouviran fóra.

-Veña, ho...
-Polo cu, nena

Vaia, matinou entón no fío das tixeiras imaxinando ó seu excompañeiro de instituto da cabalo da Xiana.

-Vaia

Repetiu espetándolle o sentimento no pescozo, ó tempo que collía a navalla para repasar.

1 comentario:

  1. Seguindo con Silvio: Aonde vai o común de todos os días?
    Como noutros relatos tes feito, tamén neste, fas emerxer as emocións a partir de escenas cotiás, sen excesos fatuos, sen epopeias. Para construír ou destruír unha vida non se precisan fazañas, abondan as emocións.

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena