1

Hai uns que suman, outros sen embargo andan soltos e, na casa da Corgha, os tres irmáns son máis ben dos do segundo grupo, aínda que eles non o saiban.

Empezando polo do medio, o Xacobe parécese ó pai. El vai faghendo sen darlle explicación a ninghén. Así, si algún dos outros decide retellar hoxe, el nunca di que non pode e, se tiña pensado quedar co Ramón para ir de putas ou axudar a sementar, o home acaba cadrando  as cousas sen máis.

É o irmán maior máis mandaruco e menos disposto a dá-lo brazo a torcer. Ten o Luís a teima de organiza-la vida da casa e decidir sen consultar. Segundo o seu pensamento, así é como lles foi ben a todos, pois dende que faltaron os pais, foi quen de turrar polos tres.

E non falta o Camilo que pasa o día berrando, porque contando a verdade, todo lle ofende, a condescendencia do primeiro e o autoritarismo do segundo. E cando ve que se cruzan os camiños entre eles, bota dous carallos e mándaos a tomar polo cu a todos.

E así van os tres, pola mesma autoestrada, as máis das veces, en sendeiros diferentes.

3 comentarios:

  1. Unha recreación, consciente ou non, da fábula dos tres irmáns. Magnífica a ambientación. Sublime o remate.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo descubrimento... https://www.youtube.com/watch?v=-cK6WlqeYnY

    ResponderEliminar
  3. Coñecía, como non?, a recreación de Silvio Rodríguez, que acabo de escoitar pola túa suxestión.
    Cando neno había varios contos que falban de tres irmáns: o maior era malo por tal, o outro por cual e, ao fin, o que queda era bo. Non lembro agora os "escenarios", pero tampouco importan. Daquela había unha clara intención moralista. Era o Réxime.
    Agora iso xa non importa -o moralismo-. A fábula permanece, penso, porque cada un de nós somos, en simultáneo, os tres irmáns.

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena