A casa de Sara

Na fisterra de Europa, nun lugar da Galiza, baixo o ceo, preto do mar, construíuse unha casa a que alcumaron a da Cobiza. Eran os desta casa de orixes humildes, pero de resultados eficientes. Nela bordaban sombras chinesas nacidas nas pasarelas de París ou de Milán que revendían nos mercados, primeiro na aldea deles e logo de todo o mundo. Os irmáns do sur, e non tan do sur, aínda que facían as súas propias sombras, gustaban de beber no mesmo viño esixindo ós monarcas do lugar máquinas, escravos e terra. Durante anos convidáronse uns ós outros até que o viño se terminou, entón os da casa de Sara saíron na busca de máis terra e escravos e alí plantaron as súas máquinas para apañar máis sombras e vender a máis mundo. Ocorreu entón, que os veciños da Galiza que nalgún día foron escravos dos da Cobiza, acostumados como estaban, cambiaron as cadeas súas polas doutros, algúns na propia terra, outros en terras alleas...


*Historias de como afogarse asímesmos,
asinadas polo clúster do téxtil