Significantes

Límpida, chea de noxo. Metodicamente caótica. Inmensa no apuro, diante do farol que, escacha o meu sorrir no intre en que un universo decide suspenderme. Sacudida no mar, como se escintilase nun conxunto de tropeis abafados. Ligada á desorde e á espera dun acontecer imposible. Non se debuxaron para min, nin meniñas de pernas fracas, nin homes de pelo cano. Non se pelexan por min, expectativas encoradas nas agullas do limoeiro. Teño dúas marxes que definen os pasos da miña sombra e outras dúas que a recortan. Servís, os meus pensamentos difiren dos outros e coligan co interior da miña fealdade. Cóidanse as estruturas mentais de litigar comigo máis do que o tratamento mo permite. Teño dúas respostas, unha para o final da historia e outra para o principio, antes de que o feto tome forma. Seica as lagoas teñen o sal no centro e o mar nas ladeiras e, as cornadas repítense con cada equinoccio. Na tribulación dun oído co outro, perde o dereito porque si. Saíume unha verruga e cravóuseme un pincho nunha das dedas. Vou esperar por ti... tanto como sexa posible. Para unha vella dous anacos de pan, tres, van de máis.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena