Foghetes

Polo San Pedro soan silencios no campo da festa. As doce da mañá, miro o lugar onde estaban a barraca das barcas que empurraba o portugués, a baiuca do algodón de azucre e das garapiñadas, as mesas onde servían polbo os de Xinzo... Non queda nin un bloque do palco da música, nin os bailes, nin os nenos correndo detrás das nenas, nin o pasarrúas a hora do vermú. Neste século vinteún, non queda pólvora coa que rebentar o corazón dos que dormen no cemiterio. 

2 comentarios:

  1. É marabilloso como consigues transmitir o que se sinte, sem declaralo expresamente. Non me atrevín a dicilo esta tarde, que ti sabes facelo: deixar que o lector deconstrúa a realidade imposta e reconstrua a súa propia realidade. Dígoo agora.
    Algún día eu escribín, dento dun poema, "os nenos que corrían baixo da chuvia de inverno, quedáronse na casa".
    Sublime como o rematas, no cimenteiro.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Antom, como digo e penso, estou a aprender... Até o seguinte encontro no Malas... ;-)

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena