A broma

Daquela tiñan medo. Mataban xente. Obrigaban ós homes a enrolarse e, alá ían coma cadelos sen dono. Facían a instrución onde cadraba. Reuníanos no campo da Aira e a facer exercicios. Naquelo andaban tamén o avó Henrique e o Amancio, o sobriño da María.

Un dos días en que pasou por alí o tío Daniel, fixouse nel o teu bisavó que era moi algareiro. Creo que ía leva-los cartos ó ferreiro. Tiña os seus anos, de feito xa naceran dous dos seus netos, o Manuel e o Luís.

-Que miras! -berroulle- Que estás a mirar? Á fila, cabrón! 

Espetoulle. O Daniel deixou o que levaba no chan e alá púxose a facer o que lle ían dicindo. Corría  e saltaba tras deles e eles todos a rir por detrás del e, o Henrique máis. E é que o meu avó era un gran boureón.