Rosa pau

Teño a aorta mal encaixada, será por iso que cando falo, soa coma se tivese pedras na amígdala, como se estivesen a triturar millo. Cando remate de pasar os iogures ó almacén, hei sacar toda a trapallada que xuntei nestes anos de vida, que non son poucos, para tirala polo sumidoiro; hei apañar os figos e facer marmelo para botarllo a torta de chocolate e logo, hei mollar as dedas na auga quente do bidé.
Todo iso antes de que ti volvas... para que vexas que cambiei.