Mesma mente

Sen talento como para chegar a unha dimensión literaria exenta de mediocridades. Sen capacidade para mostrar as realidades da contorna tal como as respiro: Cuestiono continuamente as ferramentas que posúo para crear significados e significantes, propios e alleos:

Facendo cálculo dos pasiños precisos para descubrirme avergoñada, desprazando as estradas dos camiños con silveiras e, buscando amorodos de mencía, todos eles acedos na escrita igual que na vida


deconstrúome varréndome dende a alfombra


e a pesar diso...
téñome que querer, por ovarios...
 se non, quen?

1 comentario:

  1. Quen me vai querer? preguntoulle ao Cosmos, que se recreaba na súa orde absoluta.
    A resposta foi inminente.

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena