Dystopia

Sara érguese cada unha da mañás igual que na anterior, entalecida na anguria da propia existencia. Manel métese na cama, como todas as noites, angustiado no xeo da súa realidade. Non por nada, po-la vida. Ela decidiu facerse unha revisión médica completa, el foi ó fisio ó día seguinte da súa cita co dentista. A muller non se mira o embigo, Manel revisa as engurras na fronte. Ámbolos dous prefiren non saír.

Gardados diante da televisión, enriba do sofá, tróusanse no tempo en que foxen de concertar conversas con terceiros. Así, comprometidos, mentres dure a súa existencia. O home aínda contesta ó móbil, ela só por whatsapp. Sara sinte, despois de dous días, como a auga lle percorre a pel. Manel leva un par de semanas que non se afeita.

Na tarde do dezaoito de xullo, atópanse sen casualidades no chat. Co skype por fiestra, móstranse un á outra: Podo coller o coche, se me deixaras. Non son desas.

Non é: das que deixa entrar un descoñecido no seu cuarto, das que esperta nun alleo. Pero, si é: das que se aburren de non ter... Un soño polas noites, unha fantasía mentres pasa os informes en times new roman once.

Durante vintesete semanas, Sara e Manel mastúrbanse diante do espello do outro. Durante outras dez, especulan coa posibilidade de acariñarse na imaxe virtual dun construto aséptico.

O home non é: dos que espere un buraco na vida, dos que se arrepintan de non facer. Pero si é: dos que se agochan no xogo, dos que camiñan diante das emocións.

Até que na trinta e oito:

Quéresme, meu amor? Quérote, respóndelle-lo nick.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena