Venus de Willendorf

Sen necesidade de imprimirme en furacáns alleos, cheguei á casa do meu curmán e esperei no salón. A muller del invitoume a un café con torta bañada en marmelo de ameixa e contou algo sobre o colexio e os nenos.

Nada máis velo non o recoñecín, pero si en canto abriu a boca. Aínda conservaba aquel dente partido que facía que falase como asubiando. Mirou para min con certo desprezo e explicoume con corrección que entendía a miña historia pero que o entendese a el, pasara moito tempo, tiña familia e poucas intencións de axudarme. Funme sen esperar un segundo café e deixeille sobre a mesa o anel que me regalara, sendo adolescentes, na terraza do Arxentino.

Fixen dúas visitas máis ó cemiterio e din un paseo polo solar baleiro, onde o meu pai ía pó-la carpintería. Xa de noite, no Nugalláns, non apurei a cea, nin a copa de despois, ata que a camareira me avisou de que ían pechar. Aconselloume o Amendoeira, pero eu non tiña corpo de pub así que, paseniño, fun chegando inevitabelmente á casa dos meus pais.

Prendín a luz do corredor, a do baño e a do cuarto deles. Sacudín as sabas e a manta, antes de face-la cama, deixei correr a auga ata que se fixo quente e denudeime, esperando tranquilizarme. Na bañeira deixei correr a auga sobre o meu corpo pero iso non me axudou. Cada ruído me mantiña alerta e estaba segura de que non ía poder durmir.

Sobre as dúas, espertei dun sono pouco profundo, e vin diante dos pes da cama a un home coñecido. Alberte aparecera como por arte de maxia e comezara a falarme. Tentábame explicar que tiña algo que dicirme dende facía tempo, sobre un amor non correspondido e as moitas ofensas que sufrira. Eu non entendía pero mantívenme en silencio e iso interpretouno coma unha desculpa. Entón erguinme e lle pedín, asustada como estaba, que se quedase comigo aquela noite.

Deixeime ir e conseguín esquecer aquel cuarto. Biquei o seu rostro, como quen lle da un caramelo a un fillo. Aperteino ó meu corpo e escraviceino das miñas intensidades ata que durmín. E logo, borrouse.

Espertei coa luz que atravesaba os buratiños da persiana. Parecía que non había ninguén ata que o vin saír húmido do baño. Daquela comprendín:  Eu seguía a sentir o mesmo noxo.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena