-Teño un conto
-Ai, si?
-Escoita ho´, vai en serio!
-Xa
-Téñoo gardado pra cho contar ó ouvido... logo de que me enterren

3 comentarios:

  1. Fermoso, Nena. Evocador, tráxico.

    Creo que é así como comeza Pedro Páramo, a excepcional e única novela de Juan Rulfo, obra fundacional do realismo máxico (aínda que raramente se nomea, e adoita atribuírselles ese rol a novelas -posteriores a ela, por certo, aproximadamente nunha década- de Cortazar e/ou García Márquez ).

    Cando digo "creo" non me refiro a que non o lembre ben, senón a que así é como eu a interpreto, aínda que na media ducia de críticas que lin ao respecto non encontrei esta interpretación.

    A novela comeza cun relato de Juan Preciado -que viremos a saber é fillo de Pedro Páramo-, un relato que, parafraseándote, diría que nolo conta "logo de que o enterran".

    A muller do veterinario díxome que gardaba un segredo para ti. Tal vez vos enterren xuntas e, desa maneira, poderá rexurdir o mito da creación do Universo.

    ResponderEliminar
  2. "Escoita o, vai en serio" Escoita oh!, vai en serio

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena