Se non fose porque respiro, diría que non existo. Ó fin a importancia en esencia das cousas de cadaquén, é mínima. E as miñas, non serán máis. Se o que aforro en verbas o gardase nun buraco, non ía ser máis grande que o peto dunha nena.

Na borralla están escritas as vidas dos que ninguén fai por lembrar e aínda dos que si... un pouquiño. No tanatorio pasas unhas horas para facerte a idea e na incubadora do hospital, tamén. No meu sangue non hai heroes homicidas, nin vitimarios. Unha pobre xenética e algo de veleno para quen non me ama.

Se eu escollese entre os que me len a un, collería a aquel que cala para falarme ó ouvido. E borraría a aqueles, que coma min, só se falan a si mesmas. Se non fose porque aínda escoito os berros, dos seus desexos e odios, sen dubidalo diría que os demais... tampouco existen.