Golf ando

Non pasa nada, nada pasa. Non hai que contar. Busco principiño que ispa a miña vulgaridade, mentres no encontro co ego, un bardo me aturuxa bocados de empresas sen rematar. Nas ideoloxías das miñas individualidades recréanse os mañás do futurible. Teño un peto cheo de ameazas ó presente, á celulite e ós teus ollos. Teño un momento incómodo, un algo que non dar, unha falta de respecto á túa lingua. 

Transbordo os meus demos polos teus santos e politico humillacións de amor. Se houbese unha medianeira entre ti máis eu, escollería licencias de avogados de oficio doadas de transformar. Sen embargo, encho o meu acontecer con categorías de buracos baleiros. Repito, non pasa nada, nada pasa, entre ti máis eu.