Conxelada

Fabrico momentos fantasía, alteridades metade rato, metade crocodila. Todo por ter algunha oportunidade, antes de que pasen as dúas horas que me durará esta sensación de dozura que me trouxo a última copa. Pensei en aproveitar e deixarme caer polo Tarántula para botarlle un ollo ó que por alí ande. Se non sempre estará o Xacobe, que non lle ha faltar disposición.

Cada vez que me sinto así, éntrame o apuro e non filtro. Esperto do cotiá buscando un novo calendario que me dispare a algún outro sitio, pero sei que non vai ser. Podería ser se non fose porque cada tres de maio é o meu aniversario e xa van contados máis de corenta.

No local, detrás dun vén outro. Este leva algún tempo fóra e cóntame que lle alegra verme despois de tanto tempo. Pola linguaxe do seu corpo parece interesado nas miñas necesidades, pero non fai boa figuración. Para aquel momento quería un amante espelido, que non me rompese a cabeza e que ó rematar saíse escopeteado cara a súa vida. E así foi, non tardou en fuxir, supoño que polo medo a posibles cobros emocionais.

A noite seguinte volveu. As cadelas prefiren non mirar, e a metade rato deixouse desfacer en agarimos alleos. Tentouno por terceira vez, pero á muller non lle soubo o de repetir de novo, así que home aceptou e marchou.

Logo, non saín do meu refuxio sen antes asegurarme de que perdera o meloso. E perdino durante cento oitenta noites máis, o que tardou en morrer, de novo, a crocodila.

2 comentarios:

  1. Muito bom, Nena, muito suxestivo, esganzando a alma nesa alteridade fluctuante entre devorar ou ser aloumiñada.

    ResponderEliminar
  2. "non lle a faltar " .... non lle ha faltar
    "detrás dun ven outro" .... detrás dun vén outro
    "algún tempo fora" ...algún tempo fóra
    "pero a muller non lle soubo o de repetir de novo, así que home" ...pero á muller non lle soubo o de repetir de novo, así que o home

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena