Queiros de azucre e limón

Asustado, arrimoulle ó xabaril un anaco de pan con marmelo e saíu. Lambía o iogur coma un canciño. Camiño ó río, o vello non se atopou con ninguén para falar do fedorento que se lle metera na cociña. Xa de volta, viuno diante da súa porta. Entón, colleu a escopeta e disparou. O animal ferido e doente, achegóuselle:
-Desculpe meu señor, pero xa marchaba

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena