O pouso

O bagazo rompe as miñas estruturas socioculturais. Nin lembro a raza da uva, nin coñezo do viño que constrúo. Pero sei da falla de augardente no meu responso.

Dáme un remedio, para encher as lagoas do que non lembro porque nunca o aprendín.

3 comentarios:

  1. Dicen os alambiqueiros que o lume debe ser constante.

    É moi fermoso o que escribes. Vou, a risco de enbarullalo, exprimir un pensamento: só non se lembra o que algunha vez se tiña aprendido.

    ResponderEliminar
  2. Desculpa, Nena, pero non me acudían as palabras e deixeino a medio facer. Quería dicir que o que aprendemos condiciónanos, circunscríbenos e fainos previsibles; e, concecuentemente, "non lembrar" libéranos.
    Pode, así, ser unha actitude consciente e volitiva.
    Intúo que o que debían facer os valencianos no equinocio de Primavera (as Fallas, antes de se converter nun fenómeno mediático e económico) era queimar o pasado, non porque o tempo verbal fose molesto per se, senón por iso que digo, porque condiciona e cirscunscribe, porque constitúe unha carga que non podemos soportar.
    É o "céibanos da historia xa contada/ e dános un futuro indefinido".
    O remedio? O dos alambiqueiros, así como fas, mantendo o lume constante, ese lume que Prometeo roubou: o que transubstancia.

    Lembras o abraiado que me deixaras aquel día no Malas cando comenzamos porque ti leses a túa "Papoula", que sentín vergoña de ser eu quen, a continucación, tivese que ler o meu "As voltas cun soño".
    Foi isto mesmo: o meu relato estaba circunscrito ás lembranzas (vividas ou imaxinadas, iso non é substantivo). Por enquanto, o teu era libre, adentrábase no incógnito.

    ResponderEliminar
  3. Ese lume!?
    Que arrefría o bagazo!

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena