Novas accións políticas

Teño dúbidas sobre si merece unha tarde de traballo. Eu tamén. Entón. Reescribimos a situación e desfollamos a historia, como fan outros. É unha forma. E logo ti como pensas. Deixamos o tema en branco. En branco? Sindicámonos a unha idea e estendémola. E como a imos estender? Deixando que os demais inventen. 

1 comentario:

  1. No Limia: río do esquecemento


    Céibanos da historia xa contada
    e dános un futuro indefinido,
    foron tantas as saudades enxugadas
    que quixéramos crear un novo río.

    Impolutos, chantar a rella ao fondo
    abrir na terra un suco incontenido
    sumir todas as augas que escorregan
    pola tona dun futuro imperativo.

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena