Ulis(c)ando

Demiurgos entretecidos en arxilas.               
         Quentiños uns,  espertando aínda. 

Crecendo nas verbas alleas,  
                              alentan nos contos que lle contan á Nena.

Acarochados nos outros,
                                                           e, recendo a nós mesmos.

1 comentario:

  1. O demiurgo ouviu ao vento falar e tivo fame daquelas palabras. Pensou que se as gravaba en táboas de arxila podería posuílas. Porén, encandilado na súa obra, confundiu os signos que ideou para labrar a materia con os segredos que lle foran susurrados.

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena