Virxinia

No Cruceiro de Cabeza de Vaca, dunha ocasión atoparon unha raposa. Entre laranxa e amarela, ferida e tan feble que, a pesar do medo, non puido fuxir dos nenos. O animaliño tiña un par de buracos de bala, un preto da orella, outro leváralle unha mamila. Os proxectís, pensaron todos, eran do Lois, pero quen lle dicía nada ó rapaz ou o seu pai. Se un era un mal fillo, o outro era peor home. Don Manuel que por aquel entón vivía so, dende que a tía marchara coidar dunha filla a Caracas, recolleuna e chamou o veterinario. Para que o queres? Mátaa. Díxolle como se o estivese avisando de algo.

Pero non fixo caso e, arrimouna o seu cuarto. Durmiu na súa alfombra mentres lle facía as curas e, lle daba as papas e o leite receitados polo Xoán. E logo de sandar seguiu alí, respirando no seu dormitorio, camiñando a carón, compartindo alimento. Ela con el, el con ela. As veces ela marchaba, pasaba uns días fóra e, na volta, traía algún coello ou galiña, que Don Manuel preparaba enfadado e agradecido.

Dunha delas, apareceu de novo xunto o Cruceiro, e tamén de novo cun par de buracos, un preto do nariz, outro no rabo. Chamou outra vez o doutor e repetiu os coidados segundo as indicacións. Non houbo mais sustos ate tres anos despois, en que despois de algo máis dun mes volveu aparecer da mesma maneira e no mesmo lugar.

Don Manuel estaba na reitoral regando os xeranios, mentres se cocían as patacas, cando os nenos berráronlle que a acharan e que llela traían na carretilla. O que a víu notoulle algo diferente, non soubo o que era ata que uns meses despois paríu dous animaliños máis. Estivo por afogalos os dous, pero ó cabo pensouno e deixoulle un. O mellor non volve marchar.

Matou a femia, deixou o macho. Coidounos os dous e eles coidaron del. Don Manuel acertara, a súa Virxinia non marchou, sen embargo deixábase amar polo seu fillo até o incesto. Algo que non era do gosto relixioso do párroco, pero que admitiu coma unha penitencia.

Igual que aceptou afogar os fillos daquela pequena perversidade da Natureza, sen deixar un. Aproveitaba mentres ambos durmían a sesta, fuxindo do lume dos dias de agosto ou buscándoo  no inverno, diante da cociña de ferro.

Dunha vez, sen embargo, o Lolo fillo, espertou e foino buscar. O ver o seu pai facer aquilo, arrabiou de tal maneira que lle cravou todos os dentes na gorxa. Don Manuel comezou a sangrar tanto que asustou ó animal e fuxíu. Virxinia baixou ó escoitar as voces e os gruñidos. Cando víu o seu compañeiro, achegouse a el asustada, lambeulle nas feridas e correu polo veterinario.

Don Manuel pasou días no dormitorio, Virxinia coidouno igual que a coidara a ela, e el durmíu tranquilo na alfombra, xunto a súa cama.

*A V. Woolf

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena