Insight

Incontinencia tipificada

nas lousas das súas respostas. Accións reaccionadas
na análise do corpo, do fogar, da contorna.

Odiar é liberarse, 
da escravitude allea, da propia, libertirarse.


Mentres, ós poucos, a historia se despraza cara a miña liña,
o sol anoitece a túa. 


Non reserves recantos para atrasar a modesta cor da silente revolución das que de forma inconsciente en cumpríndose, a profecía mudan.

Elas non reparan no movemento de seu, mais empurran. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena