Insepulto

-Ata que tes un animal na casa, non podes entender o que vas chorar a súa perda
-Estás a falar do teu home?

1 comentario:

  1. O veterinário eutanasiaba a cachón os cans doentes, por vellos, por rabiosos, por feridos, por malfadados...

    Gastou todas as doses sedantes de dormicum, e as endovenosas de pentobarbitona e de cloruro potásico que utilizaba con elegantísimo critério profesional de facultativo. Todas menos unha, que gardou en cofre de prata xunto de meticulosas instrucións.

    Pandora -díxolle un día postreiro á súa muller (por fin sabemos o nome da xinoide!)-, cando eu, ancián, consiga acadar a ansiada natureza de can e arrastre pola lama a miña sede abre o cofre que gardo embaixo, no crio-depósito, no soto.

    Pandora non tivo que esperar moito. En realidade non quixo esperar máis. Foi dereitiña á cámara do frío. Unha certeza expansiva guiaba a súa decisión.

    Dubidou se darlle unha, como suxerían as metódicas indicacións, ou dúas pírulas sedantes. Caritativa, deulle dúas uns minutos antes de lle inxectar o cóctel de pentobarbitona e cloruro potásico, nas proporcións exactas que se prescribían.
    _ Xa ves, non precisaba de esperar: ao cabo, ti sempre fuches pola vida arrastrando a túa alma, meu canciño!

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena