Filis

Suspendida no desaparecido, envolvida no encordado, alumeada no fumado... Irrealizada. Estéril nas encomendas, afogada na prognose, agónica no inxectado... Ineficiente. Fenecida no lamento, conxelada no aspirado, condenada no ambiguo... Amortallada. Covarde na impostura, ausente no resoluto, disimulada no calado.

Ferida. Estrangulada.

Catatónica. Inxuriada. Redefinida. Amputada. Sobreseída. Asoballada.

1 comentario:

  1. Entregou Filis o seu propio corpo a Demofonte dentro daquel cadaleito, que nunca nos foi desvendado, porque sabía que el xamais regresaría por ela?
    E, porén, sabía tamén que el non podería resistir os remorsos que lle causaría a conciencia de ela terse inmolado polo ser por el abandonada?

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena