Despertares

Espertaches, meu neno? Aínda non, musitou. Érguete lacazán que temos que ir ó muíño. Vístete rápido, que  che vai arrefriar o leite. Mamae, hai galletas? Hai pan. Bo, son codias. Veña deixa de remexer que hai que saír. Está quente. Bótalle unha auguiña.

E o Xaquín vai estar? Non che sei, pero si está, ollo co que facedes! Débeme dúas bólas. Ai, si? Débemas dende o San Pedro. Pois vai facer un ano. Por iso, hoxe heillas cobrar. Anda apura.

Mamae? Que, meu neno? Polas noites sempre chove? Non sempre. Pero, a herba está mollada. E do frío, que sua. Pero, non se sua coa calor? E co frío, tamén. Mira ti, como te estás pondo. Vai por riba das pedras. Falta moito? Un pouquiño, vai por aí. Estou canso. Falta pouco. Non saques a chaqueta. Estou a suar? Como vas a estar, co frío que fai? Pois por iso.

Corre, veña. Teño sede. Bueno, pero non vaias caer no rego. Mamae, aquela é a casa do panadeiro? É. Logo imos ir. Para que? Para ve-lo castrón. Xa veremos. Vícheslle os cornos o castrón do panadeiro, mamae, víchesllos? Algunha vez, meu neno, algunha vez.

Queda aquí. Vaslle dicir o Xaquín que estou? Si o vexo. Non te esquezas. Non, pero agora cala e estate quietiño.

Que fas? Esperar pola nai, e ti? Vou a Fontefría a levarlle uns paquetes a do Cacho. E a túa nai? Dentro. Dille que teño algo para ela, que me espere mañá na tenda. Vale. Ola. Ola, sabes? Sei? Onde as tes? Nun caixón no meu cuarto. E que esperas? Ves comigo?

Mamae!!!  Vou co Xaquín!!!

Aquí están. Dámas. Aínda teño unha máis. Que chula. Quérela. Pois hasme facer un favor. Cal? Pecha os ollos. Que me vas facer? Ti pecha os ollos? Dime que vas facer? Se péchalos ollos e non te moves, heiche dar as tres bólas e a caixiña.

Fechounos e sentiu a lingua do Xaquín na campaíña da súa gorxa. Abro os ollos xa? Si. E as bólas? Aquí. A próxima aposta vaiche custar un balón.