Androide

Marcho! Onde? A ti que che importa! (Impórtame) Dáme as chaves! Cales? As do coche!  Dámas xa! Toma, carallo... cómeas! Vai a merda!

A labazada soou coma un disparo. Mirouno como a cadela que era e deixou a Marta traballar. Casara cunha filla de puta que fixo dous fillos. E tan sequera foran del... Non o volvas facer! Perdoa. Non me toques! Sinto, maldita sexa! Mais halo sentir!

O grande naceu nun laboratorio en Madrid, para espetarse fai tres anos, coa moto diante da casa da avoa. O pequeno construíuse en Santiago. Seica lle gusta a química mais que as cadelas. Pero, que che fixen? Non o sabes? Maldita sexas, sinto o de antes! Vai a tomar polo cu! E dálle... Por que demo ves?

Andamos xogando estes tres anos co tempo, coa visa... a espera dunha resposta profesional. Retorcendo o cotiá, mastigando nos pensamentos,  aprendendo a controla-las accións. Ningún dos rapaces volveu. Para isto, non! Isto, que e isto? Ti, eu... Que ten? Que non ten! Ou mo explicas, ou marchas dunha puta vez!

O ultimo que se lle ocorreu foi alugar unha instrutora emocional. Contratouna como interna. Pegada como unha sombra dramatiza con nos, substitúenos nos roles para que observemos e aprender... Ou iso di. Así, rebentes!  Como? Ves! Pero... Merda! Que vos pasa? Óesevos fora... Dillo a ela, ergueuse revirada...

Son parva, son parva, rompendo a chorar. Estame volvendo tolo. Sonia, docemente. Marta, replicou doída, nin sequera nos ve...  Entón a carocha contestoulle recolléndoos nun bico seu.