Androide

Marcho! Onde? A ti que che importa! (Impórtame) Dáme as chaves! Cales? As do coche!  Dámas xa! Toma, carallo... cómeas! Vai a merda!

A labazada soou coma un disparo. Mirouno como a cadela que era e deixou a Marta traballar. Casara cunha filla de puta que fixo dous fillos. E tan sequera foran del... Non o volvas facer! Perdoa. Non me toques! Sinto, maldita sexa! Mais halo sentir!

O grande naceu nun laboratorio en Madrid, para espetarse fai tres anos, coa moto diante da casa da avoa. O pequeno construíuse en Santiago. Seica lle gusta a química mais que as cadelas. Pero, que che fixen? Non o sabes? Maldita sexas, sinto o de antes! Vai a tomar polo cu! E dálle... Por que demo ves?

Andamos xogando estes tres anos co tempo, coa visa... a espera dunha resposta profesional. Retorcendo o cotiá, mastigando nos pensamentos,  aprendendo a controla-las accións. Ningún dos rapaces volveu. Para isto, non! Isto, que e isto? Ti, eu... Que ten? Que non ten! Ou mo explicas, ou marchas dunha puta vez!

O ultimo que se lle ocorreu foi alugar unha instrutora emocional. Contratouna como interna. Pegada como unha sombra dramatiza con nos, substitúenos nos roles para que observemos e aprender... Ou iso di. Así, rebentes!  Como? Ves! Pero... Merda! Que vos pasa? Óesevos fora... Dillo a ela, ergueuse revirada...

Son parva, son parva, rompendo a chorar. Estame volvendo tolo. Sonia, docemente. Marta, replicou doída, nin sequera nos ve...  Entón a carocha contestoulle recolléndoos nun bico seu.  

3 comentarios:

  1. Hola, Manola, son eu, agora si, a muller do veterinário, a desexada.
    Púxenme a parir e saiume unha xinoide, acarochada entre bicos. Ao cabo, iso é que de nós se espera, non si?

    ResponderEliminar
  2. Meu Antom, quedamos en que un comunista que queira a casa das Reginas, un rolex e a muller do veterinario e un pouco raro, a pesar do Pessoa...;-P
    Sobre o que se espera de nos, supoño que ti cumprirías mellor ca min os compromisos sociais... Eu nesta altura procuro camiñar en roleiros sen silvas...
    Biquiño e ate Lispector...

    ResponderEliminar
  3. Haberá sempre un pouco (se cadra un moito) de Pigmalión nese desexo imanente dos amantes, que os vira paixonais ata a demencia?
    Androide-xinoide.
    Fascinación e cobiza.

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena