Utopía

Habia un can detrás da arca, que andaba a mirar como bailan Elena e Abel. Bailaban coas miradas xuntas e os corpos separados, perdidos no tempo e envoltos na categoría dos Épsilon. A espera facíase innecesaria pero cómoda. Os dous estaban na mesma sección, aínda que a Abel tocáballe a cociña e a Elena os furgóns. Coñecían os símbolos e os protocolos que viñan despois, pero faltábanlles as rutinas e as combinacións. Así que, para o seu ben,  aquela música adormecíalles os nervios a ámbolos dous.  

Tres horas pasaron, cando o comandante chamou ó batallón para explicarlles que ían cambiar de rumbo, un pouco máis o leste, un moito máis o sur. Iso soaba a máis calor no día e frío na noite e a area por todos os lados. As roupas deles, como eles, encargáranse en Coruña, viaxaran toda a península e cruzaran o Atlántico polo Mediterráneo, así dicía Abel. Cruzar o Atlántico polo Mediterráneo ou polo Cantábrico, era a súa forma de lamber as augas de Rianxo dende tan lonxe. O planeta enteiro é parte de nós, berraba por dentro mentres durmía. 

Nas tendas as mulleres escondíanse nos sacos e apertábanse unhas as outras. Os soldados sen embargo, estorbábanse entre olladas afiadas e hostias disimuladas. Non había risos salvo despois dalgún peido fuxido. Elena levaba a conta, tres, o sarxento; un, a soldado dos ollos verdes; cinco, o Abel...  

O seu compañeiro coidouse de non facer máis se non quería que lle chamasen porcocelta ou algo parecido, e iso lle levou a estar estrinxido durante meses, o que empeorou a situación. As dores fixéronse insoportables, e aquela merda, no medio daquela guerra rabiábao moitísimo. Amargouse tanto que incluso engurrou a tal velocidade que a Elena lle pareceu que o Abel fixera un pacto co diaño coa intención de que o levasen de alí. E foi.

Unha mañá, o propio comandante achegouse a Abel e lle dixo, non sen certo drama: Meu avó, temos que voltar. E alí deixou a Elena, turrando das rodas atrapadas na terra seca do deserto. 

Os días non deixaron de pasar, e os campamentos foron minguando ata que a sega os aniquilou a todos. De volta a España polo Atlántico, cruzando de novo o Mediterráneo, recibiu unha carta asinada polo seu Abel. Nela, uns meses antes, escribira: Meu amor, cansei. Casei.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena