Pon atención na contorna, mira ben o teu arredor. Hai alguén? Un pedazo se cabe. Si me atopas, agárrame e dáme a volta. Ponme de diante para atrás, faime vomitar. Ábreme dende o cu ate a caluga. Mete a man, revolveme un pouco e busca algunha das miñas arterias. Faille un corte finiño. Sen destorzala, como unha boa carniceira. Mete a cabeza, achega os beizos e aspíraa.

Sinte como trema un nó dende o meu estómago ata gorxa.
Comparte extremos contigo.
Doe... Consola.