O sancristán

Andaban, a respirar o alento do cadáver, un detrás do outro. Agás Nela, que preferiu aproveitar os zapatos e bicarlle ó peto dereito da chaqueta do morto. Buaa, que asco! berrou Antón, e deixou caer o coitelo que se lle cravou na garabata ó morto. Deus! Que fas? dixo Manuel que sentiu afogarse coa calor da cociña de ferro e, na mirada de Paulo, os ollos do demo.  Non tes presa, non? dirixíndose á muller que andaba a remexer no cuarto. 

Non imos perder a viaxe, respondeu entre risos. A Xerardo íanselle inchando os collóns. Fagamos o cálculo. De que? Do que lle temos que cobrar. Pero, si  xa estaba  feito! sorprendida. Xa, pero pensándoo, non cambia nada. Vale, pero... Cala! esixiron dous dos sicarios.

Paulo achegouse e colleu a cabeza do home. Xerardo trouxo un tallo. Nela foi buscar un machado ó coche. Pola súa conta, Manuel foi enchendo dous cubos de auga, un deles con xabón e lixivia. Dádelle uns guantes!

Xa, falou Antón -á vez que, sentado na cama do defunto, prendía un pito-. Marchamos! E nese momento diante deles -como saídos do inferno-, atopáronse, abrindo a cancela, co señor cura e a muller da garda civil.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena