Mercado-tiña

Cando se fixo a primeira feira en Rabo de Galo avisaron para que se levase o que lles parecese porque, se non había con que,  non se podía facer.  Entón, cadaquén trouxo o que tiña, uns porcos, unhas galiñas, coellos, un cuxo...
Había un que tiña un castrón e, levouno tamén. O fillo do Eladio, o dono do animal, que era moi chistoso, ocorréuselle pórlle un cartel que dicía:
Pai fun, catro años. Castrón da aldea, agora un comediante.
Por estes cornos que teño, ha seguir a feira adiante.