Limpeza

Disque varrer a aqueles que xa non camiñan o teu paso é como desfacerse dos intereses da conta de aforros. Pobreza emocional que non tolera a aquelas que berran por un ceo a altura dos nocellos, nin a aqueles que impoñen a postura na almofada. 

Os outros, as demais.

Os que esperan que escoites os seus monólogos e que non os aburras cos teus. As que deixan que as súas nenas crezan ata chegarlles polo ombreiro, ó tempo que se choran nas engurras. Eles, que pelados aínda peitean o seu sexo. Elas,  que trouxan pantasmas de amores que non foron. 

Facer limpeza social é como abrir o pescozo dun porco para aproveita-lo sangue e con el,  facer as filloas.