Plan Schuman

Cando menos, é sorprendente o poder de atracción do eixe xeoeconómico francoxermánico no discurso emancipador dalgúns.

Comulgar con políticas sociais cuxo epicentro ideolóxico é a consideración da persoa como factor de producción. 

Convertirse en seudodemócratas protectores dos oligarcas do mercado global. Daqueles que se esforzan en esquilmar as arcas públicas, agochar a súa usura na internacionalización das facendas e externalizar a man de obra na busca do abaratamento dos dereitos humanos.

Defender a dignidade lambéndolle o cú a Europa é tan perverso como desculpar as propias accións botándolle a culpa a Bruxelas.