Son de palleiro, non da que pasea a súa fermosa liñaxe e supervivencia, soberbia de non ter aínda desaparecido. Son cadela sen pedigree e, por iso temo as ecolalias dos berros que puidesen saír da miña gorxa: por imperfecta, por filla bastarda, por herexe, por malneofalante:
Por tatexar o contar a historia miña e dos meus, non falar en nome de alguén, non escoller as túas cores, unha Roma. Por non calar os outros contos, meus e deles, non esquecer en nome daqueloutro, non rexeitar outras músicas, unha Moscú.
Porque igual que para amar unha terra fai falla un compromiso,
o odiala esixe responsabilidade.
*Ménage à trois endoperifericocéntricos ata as fisterras de Cuelgamuros
*Ménage à trois endoperifericocéntricos ata as fisterras de Cuelgamuros