De exames

Nela perdía continuamente o fío lendo os apuntes. Gustaba de aprender, do que non, era do tempo que perdía mentres. Así que a rapaza aproveitaba para comer chocolate, facer a pedicura e masturbarse. As dúas últimas cousas, como levaban o seu tempo, non lle viñan a memoria fora da época de exames.

Telmo fumaba como nunca e, dende o seu cuarto, todo o piso ulía a coffeshop. O que para Nela era xaqueca segura, así que por iso ela non pasaba e o home aburríase.

Os luns eran os peores, canso de estar pechado todo o fin de semana. Non era que botase de menos a ninguén -nin as lerias no Abeiro-. De feito estábase ben sen ter que aguantar o Xan e sen andar a hostias cos de Rabo de Galo.

-Quen?
-Eu
-Vaia
-Veña muller, un café

Aquela tarde a moza non mostrou ningún encanto, nin disimulou as poucas ganas que tiña de velo.

-Como vas?
-Vou

Puxo a cafeteira no fogón e ordeoulle que collese os vasos, as culleres e o azucre.

-Vas querer leite?
-Un pouco
-Quéntao no micro

Ulíu a semi e baleirou o que lle quedaba. A rapaza mirouno, para que non se preocupase:

-Hai mais

Sentáronse na esquina esquerda da mesa, a que estaba mais preto do mesado, pegados ó fregadeiro. Logo, sen levantarse, o Telmo non tardou en acariñarlle o pelo, meténdollo detrás da orella.

-Vas tirar...-rebulíuse cos ollos no ule

Bicouna no pescozo, na fronte, no queixo. Nela prevíndose das compañeiras, levouno o cuarto. Espíronse en cadansúa musica. O Telmo nun desdentado popdeireta enlentecido pola maría, a Nela, mais lixeira, coa fame dun funkcordeón.

Un anaco de pel despois e, sen esperar moito, a rapaza percorreuno núa, provocoulle o apuro e abriulle o embude.

-Un mais -pregou
-Non sei...

Alá ela lambeu a súa maneira e logo, remexeuno ata que o espeto volveuse facer. E de novo, cadanseu danzou o seu paso, procurando que o outro non quedase moi  retrasado.

-Queres outro café?
-Non
-Bueno entón, vémonos
-Antes do xoves non podo -regateou
-Eu teño exame o dezaoito -ansiou

Ó fin, decidiron contratar o martes.