De xastres

Era unha tarde de outono facía frío e tiña os ósos das costas entumecidos. Respirei fundo e sentino dende o nariz ós pulmóns. A Servia non parecía importarlle a que estaba a caer e, coma sempre, demorou o paso. Chameina dúas ou tres veces mirou e seguiu o seu, segura de que non ía marchar sen ela. Pouco despois cruzáronsenos un grupo de mozos a correr. As dúas, a cadela máis eu, sentimos curiosidade ata que os perdemos de vista.

Cada vez que paseaba por aquela Alameda, sempre me lembraba do meu avó co seu pito na boca. Non, en tardes como aquela, por suposto, nas que o máis probábel era que fose ó Casino. Alí tomaba un café e lía a prensa, diante da pouca luz que deixaban pasar as fiestras, nos sofás tapizados con flores amarelas, brancas e laranxas.

Nas outras tardes, nas de calor suave que ían dende  primavera ata outono, nas que paseaba collido da avoa: -Para non ter que levar caxato, dicíalle ela, non sen falta de razón.

O avó foi sempre un home presumido, gustoso de gustar a homes e mulleres. Iso si, sen ofender, que poderían provocarse envexas e non eran boas para o negocio. A xastrería era das mellor consideradas na comarca. As chambras facían que o Marcial parecese un alfinete, e iso a pesar dos cocidos da Mercedes, os pantalóns alongaban ata o Isidoro e as chaquetas ferranchaban as xibas dos poucos mineiros que sobrevivían a xubilación. E é que na casa do xastre, tixeira afiada e agullas de muller.

Volvín de novo a casa. Saquei os meus húmidos zapatos e entrei na cociña para quentar un cacao con leite.

2 comentarios:

  1. No relato usas "caxato", unha das verbas máis fermosas que coñezo. Seguro que nesta xastrería tamén se confeccionaban unhas chambras ben bonitas.

    ResponderEliminar
  2. Escribimos porque precisamos de respirar e de alimentarnos para crecer... Grazas, por axudarme a crecer... Bikiños... Vémonos o sábado ;-)P

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena