Atopáronme

Os nenos-show que encarguei no twitter, cazan peixes baixo a lúa erotómana que busca oco entre os videos dalgún egobook. Merqueina tamén -unha mariola de modos ecchi-, para non ter que masturbarme todos os días -non aburre, pero vólvese canso-. Fíxenme cun doutor en artes e outro en política, que as pregarias fanse máis sexuadas -e excitantes, obviamente- se se lamben dúas raposas. Ambos compreinos sindicados, collidos da man do aparato. Igual que á gurú da maquillaxe ou ós figurantes da webserie, afiliados á oportunidade do libro sen papel e a empresas de economías somerxidas. Pero esquecinme das cartas de amor da homicida televisada, do tango da ecolalia suicida do seu herdeiro.

E elas acháronme detrás do pecé, entre a wikipedia e o iajú:

- Teño o que ti non tes: un degoxo:

 facer milleiros de redemancebos interparenterais: 
e todo, cun click nas narcosalas dixitais