Andersen´s shadow

Un domingo que viu pasear ó escribidor xunto o río, pensou:

Se me levo a súa sombra, ninguén vai recear de min

E en catro pasiños meteuse entre as súas pernas, enganchouna o seu pescozo e botou a correr. Logo diso, o señor Andersen enfermou:

-Que lle pasa? -preguntáronlle
-Síntome so -contestou amorriñado

Nos días seguintes a febre non lle deixou falar con ninguén máis. Namentres, o animal entrou nos galiñeiros  -confiando cada vez máis-, porque se sentía protexida por unha sombra  moito máis grande que ela:

-Que fas?
-Que susto me deches!
-Que estás a facer?
-Cocendo pan. E ti?
-Ando a roubar galiñas

A moza que se botou a rir ó escoitala,  ofreceulle café con dous anacos de torta de mazá:

-De verdade, ando a roubar galiñas
-E como son?
-Espero que grandes, morro de fame!

E así continuaron a falar  ata que se sentiu berrar fora:

-O carteiro… Desculpe, pero téñoo que deixar
-Claro

Ela colleu as chaves, unha bolsa e saíron a rúa, e cando estaban collendo  cadanseu camiño:

-Vai volver a continua-lo conto? -espetoulle

Entón rabexada, a raposa marchou cara o monte… 
a sombra coa cea e a cadela, sen ela.