Self: trialidade*

Debuxar unha escaleira no pulso mentres o corpo píntase de vermello. Esquecer o nome ó tempo que a alma se esvaece. Reescribir o almorzo, o xantar, a merenda, a cea... cada oito, non cada tres minutos, á vez que se constrúe un valado na gorxa. 

Mirar as lendias que andan a pintar pencas no meu pelo e rasurar o pube:
-Aí non! 

Esconder a miña mente e domesticar o meu corpo: 
-Todo, para contentar ó doutor


*delirio tres