Mistura

E contou o tío que aquel home, que lle chamaban o Labregho, cando ía o monte tan só durmía. O que lles daba moita rabia  ós outros rapaces. Polo que dunha ocasión, decidiron vingarse da súa preguiza. Así o José cizañou no Eusebio:

A que non lle colles a ghorra?
Cólloa, si que a collo!

Os mocos do Labregho secaban baixo un sol de inxustiza, pero aínda así o mozo non se decatou. 

A que non lle metes a ghicha no cu?
Métolla, si que lla meto!

Pero entón a maldade do Eusebio foi invadida polo propio demo e non so agarrou a ghicha.

Que fas?

E fíxoo. Cravouna nun formigheiro e logo de baixarlle os pantalós, enchufoulle todo por alí.

Será nughallán?

Porque aínda así, non espertou.