Egotism

Xacobe entra no cuarto, mira ó chan e non pensa no mexo que empapa o seu pantalón. Marco sae del e, Lois e Fonso, os tres, míranse uns a outros. Rin por dentro.  Nun bater de palmas reparten as bolas. O máis lambón conserva o alento dos outros na caluga e un nariz de prata para emprestar.

Xacobe, pide permiso para tirar do teu peto, uns euros para o tren ou para unha viaxe máis pequena. Marco, Lois e Fonso esgotan un discurso de si mesmos. Ámanse acompañados dun espello e esperan que escollas o seu cu como almofada.

Xacobe mendiga unha micra. Marco, Lois e Fonso comen bolsas tras o cristal dun pinball.

E mentres eu, miro: perda de cans de caza...